Amosando publicacións coa etiqueta Inimigos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Inimigos. Amosar todas as publicacións

29 de mar. de 2020

Avatar Corrupto

Na Torre de Alkius houbo unha situación moi perigosa.

Nunha incursión á Sala dos Espellos para recuperar Cristais Vermellos, o Mago Fénix tivo a idea de meter o medallón recuperado do home-lagarto dentro da bandexa do Altar de Silvanus.
Houbo unha terrible explosión que non os feríu, pero que os deixou aterrorizados. Do interior do Altar xurdeu unha criatura a medio formar, unha criatura da natureza, pero servinte de Bhaal. 


Os que conseguiron aguantar o terror atacárona e a puxeron en fuga, podendo deste xeito escapar da Torre.

A criatura foi convocada... será quen de voltar a este mundo? 

8 de feb. de 2020

Necrófagos

Os necrófagos son seres inmundos.
Adoitan vivir en zonas de cemiterio ou onde houbo moitos mortos (batallas, epidemias, asasinatos en masa).
Polo que se sabe son criaturas canallas, protexidas por algún tipo de maldade que fai que as armas normais non danen por completo o seu corpo gomoso e gris. Precísase de armas máxicas ou especialmente traballadas para que o necrófago sexa danado.
Non usan armas, pero as súas unllas están impregnadas dun veleno que pode provocar enfermidades.

Sábese que son especialmente sensibles ás armas prata e á maxia.

5 de xan. de 2020

Goblinoides

Os goblins son criaturas noxentas. Había case 100 anos que non se vían goblinoides no Grande Reino, pero agoran volven dende as Terras Descoñecidas, onde o Gremio de Aventureiros e a Garda Real tenta detelos.
Malvados, ruíns e crueis
Son pequenos, de algo máis de un metro de alto e non destacan nin por forza nin por intelixencia (agás esa que fai que realicen maldades e ruindades).
 Os goblins adoitan ir en grupo e atacan xuntos. Son bastante covardes e fuxirán se as condicións de victoria para eles desaparecen.
Dende que Alkius el Rojo fuxiu da Torre hai goblins polos bosques e atacan puntualmente Stonebridge, cun pano vermello no brazo esquerdo e a runa "A" marcada a lume baixo del.
Capitán hobgoblin
Os goblins adoitan ter un capitán hobgoblin (que é unha raza superior en forza e intelixencia) que comanda pequenos grupos de goblins. Son máis altos e fortes, coma os humanos en comparación.

Todos levan armaduras e armas improvisadas, feitas con trozos de outras e mal forxadas, o que fai que case ningún  comprador as valore.

Autómatas de Alkius

Defendendo a Torre de Alkius descubríronse unhas criaturas mecánicas: autómatas.


Son relativamente resistentes, e golpean lenta pero potentemente. A sorte que houbo por parte do Gremio foi que se conseguiron traducir unha serie de palabras da Lingua Máxica Escura que usaba a Orde de Magos á que pertencía Alkius. As palabras foron "dúrbatul" e "snaga", que usadas conxuntamente facían que o autómata se detivera por completo, momento no cal os aventureiros aproveitaron para extraerlle unha xema vermella do seu interior, que é o "motor" e corazón desas criaturas.

Usando esta técnica, os aventureiros non tiveron que enforntarse directamente aos autómatas corpo a corpo, demostrando que prepararse para un combate non é sempre elexir a mellor espada, senón a mellor arma: neste caso o coñecemento e a intelixencia.

Coas pezas que rapiñaron destas criaturas o Pequeno Erik (o ferreiro de Stonebridge) puido preparar 3 estupendas cotas de malla.

23 de nov. de 2019

Home-lagarto


Un home-lagarto, vestido con roupas de coiro marrón, foi visto, emboscado e morto perto das ruínas da Torre de Alkius el Rojo.
Levaba un amuleto estraño, cun símbolo de caveira con bágoas arredor.


Non se sabe moito máis.

Arañas do Bosque Prohibido

As Arañas do Bosque Prohibido son grandes, máis que un can pastor. As crías adoitan a convivir en grupos pequenos que se protexen e cazan colaborando. As adultas viven soas e a súa tela pode ser corrosiva. 
Traballando en equipo poden ser derrotadas con facilidade pero, moito coidado! son velenosas e sábese de aventureiros que morreron baixo o seu ataque.
Disque Norm o gnomo, da Tenda de Rarezas, paga 10 moedas de ouro por cada glándula de veleno.