1 de abr. de 2020

Adestramento durante a corentena

Rûmin di:

"Para que non vos aburrades mentres agardamos que todo volte á normalidade, ireivos deixando cousiñas neste cartafol. Seguide adestrando! E, se vos gusta, comentade!"

29 de mar. de 2020

Avatar Corrupto

Na Torre de Alkius houbo unha situación moi perigosa.

Nunha incursión á Sala dos Espellos para recuperar Cristais Vermellos, o Mago Fénix tivo a idea de meter o medallón recuperado do home-lagarto dentro da bandexa do Altar de Silvanus.
Houbo unha terrible explosión que non os feríu, pero que os deixou aterrorizados. Do interior do Altar xurdeu unha criatura a medio formar, unha criatura da natureza, pero servinte de Bhaal. 


Os que conseguiron aguantar o terror atacárona e a puxeron en fuga, podendo deste xeito escapar da Torre.

A criatura foi convocada... será quen de voltar a este mundo? 

22 de feb. de 2020

O Bosque Fey

Despois da Encrucillada no Bosque Prohibido, a case 2 días de camiño dende Stonebridge, hai un bosque estraño cheo de árbores prateados.


É o Bosque Fey, unha zona chea de árbores máxicos de cortiza de prata. O Bosque aguanta, pero hai algo que parece están facendo que parte da fraga apodreza. A medida que se achegaron ao punto máximo de podredume atoparon árbores con aguillóns cravados, sangrando pola paraza zume prateado, e unha cova oculta de grande tamaño.
Dentro da cova, case na entrada, hai un minúsculo templo circular cun cristal no centro.


Usando un cristal vermello de Alkius no cristal baixo o templo actívase un sistema de portais de viaxe. 

9 de feb. de 2020

O Rei Corvo

Nas Quebradas da Néboa, cando se meteron entre os canóns de pedra, o grupo tivo un encontro moi estraño.


Un gran corvo totalmente negro cunha coroa negra flotante sobre a súa cabeza díxolles que tiveran coidado de seguir polo camiño surleste. Era perigoso e un grande Mal habitaba nel. 
Díxolles que "o Liche" estaba alí, e só coa bendición de Mielikki poderían ter algunha posibilidade. Tamén lles dixo que foran na procura de algo chamado A Garra do Corvo, un artefacto que lles axudaría a derrotar ao "Liche". Polo que puideron entender, o tal "Liche" non era outro que un Alkius ("El Rey de Rojo") que estaba todavía feble, pero co poder en aumento.

A Garra do Corvo, polo visto, está nalgures perdida dentro do Cubil de Aunaêl a Escura. Todavía non coñecen tal lugar.

8 de feb. de 2020

Quebradas da Néboa

As Quebradas, en dirección sur-surleste dende a Encrucillada do Bosque Prohibido, son un lugar moi inquedante.

Picos de rocha saen do terreo e rematan formando pequenos e estreitos muros de pedra que forman camiños illados uns dos outros. É moi doado elexir o incorrecto.
Ao parecer, durante A Batalla Definitiva hai un século, este terreo foi o escenario dun enorme combate máxico que rompeu o terreo e levantou unha néboa permanente que se eleva a medida que se viaxa en dirección surleste. 
Pénsase que nesta dirección hai unha antiga localización, un templo en ruínas dun dos deus da Morte (Bhaal?). 

Polo de agora tan só atoparon un grupo de necrófagos ocultos na zona, así que aínda non se sabe que tipo de outras criaturas poboan o lugar,

Necrófagos

Os necrófagos son seres inmundos.
Adoitan vivir en zonas de cemiterio ou onde houbo moitos mortos (batallas, epidemias, asasinatos en masa).
Polo que se sabe son criaturas canallas, protexidas por algún tipo de maldade que fai que as armas normais non danen por completo o seu corpo gomoso e gris. Precísase de armas máxicas ou especialmente traballadas para que o necrófago sexa danado.
Non usan armas, pero as súas unllas están impregnadas dun veleno que pode provocar enfermidades.

Sábese que son especialmente sensibles ás armas prata e á maxia.

5 de xan. de 2020

Goblinoides

Os goblins son criaturas noxentas. Había case 100 anos que non se vían goblinoides no Grande Reino, pero agoran volven dende as Terras Descoñecidas, onde o Gremio de Aventureiros e a Garda Real tenta detelos.
Malvados, ruíns e crueis
Son pequenos, de algo máis de un metro de alto e non destacan nin por forza nin por intelixencia (agás esa que fai que realicen maldades e ruindades).
 Os goblins adoitan ir en grupo e atacan xuntos. Son bastante covardes e fuxirán se as condicións de victoria para eles desaparecen.
Dende que Alkius el Rojo fuxiu da Torre hai goblins polos bosques e atacan puntualmente Stonebridge, cun pano vermello no brazo esquerdo e a runa "A" marcada a lume baixo del.
Capitán hobgoblin
Os goblins adoitan ter un capitán hobgoblin (que é unha raza superior en forza e intelixencia) que comanda pequenos grupos de goblins. Son máis altos e fortes, coma os humanos en comparación.

Todos levan armaduras e armas improvisadas, feitas con trozos de outras e mal forxadas, o que fai que case ningún  comprador as valore.

Autómatas de Alkius

Defendendo a Torre de Alkius descubríronse unhas criaturas mecánicas: autómatas.


Son relativamente resistentes, e golpean lenta pero potentemente. A sorte que houbo por parte do Gremio foi que se conseguiron traducir unha serie de palabras da Lingua Máxica Escura que usaba a Orde de Magos á que pertencía Alkius. As palabras foron "dúrbatul" e "snaga", que usadas conxuntamente facían que o autómata se detivera por completo, momento no cal os aventureiros aproveitaron para extraerlle unha xema vermella do seu interior, que é o "motor" e corazón desas criaturas.

Usando esta técnica, os aventureiros non tiveron que enforntarse directamente aos autómatas corpo a corpo, demostrando que prepararse para un combate non é sempre elexir a mellor espada, senón a mellor arma: neste caso o coñecemento e a intelixencia.

Coas pezas que rapiñaron destas criaturas o Pequeno Erik (o ferreiro de Stonebridge) puido preparar 3 estupendas cotas de malla.

Torre de Alkius: Actualización

A Torre xa foi totalmente explorada (que non revisada). 

Entrando polo "nariz" da caveira accédese a unha escaleira de caracol que leva aos tres niveis superiores, sendo estes:

1.- Dormitorio, cociña e vestidor, todo xunto. Todo en bastante mal estado. Marcas feitas en sangue con forma de coroa vermella polas paredes.
"La Corona de El Rey Rojo"
2.- Biblioteca e laboratorio: en moi mal estado. Conseguíronse salvar uns poucos tomos. Neste espazo chama a atención o material de alquimia así coma un fermoso e pequeno altar que non pintaba nada nun sitio tan escuro, adicado ao deus elfo Mielikki. 

Mielikki, deus dos Elfos e das Fragas
O altar, obviamente roubado doutro lugar por Alkius, ten un líquido prateado na bandexa superior que reacciona ao contacto. Metendo varios obxectos parece que se volven de prata.

O altar ten un pé alto que ten forma de árbore e outros motivos silvestres
 3.- Observatorio. É unha grande semiesfera transparente. Dende este nivel pódese ver a varias millas de distancia. Dentro desta sala tan só había tres espellos altos e unha cadeira alta en forma de trono. Un dos espellos ten o marco de ouro e as patas de dragón, outro é de madeira e tan patas de oso e o último é dun material parecido a prata con patas de grifo. Os tres teñen, na parte alta do marco, un espazo no que parece que encaixaría perfectamente unha das xemas que poñen en movemento aos autómatas de Alkius.
Os espello están completamente negros. É dicir, non reflicten nada. Quizáis haxa que "activalos".