A Torre xa foi totalmente explorada (que non revisada).
Entrando polo "nariz" da caveira accédese a unha escaleira de caracol que leva aos tres niveis superiores, sendo estes:
1.- Dormitorio, cociña e vestidor, todo xunto. Todo en bastante mal estado. Marcas feitas en sangue con forma de coroa vermella polas paredes.
"La Corona de El Rey Rojo" |
2.- Biblioteca e laboratorio: en moi mal estado. Conseguíronse salvar uns poucos tomos. Neste espazo chama a atención o material de alquimia así coma un fermoso e pequeno altar que non pintaba nada nun sitio tan escuro, adicado ao deus elfo Mielikki.
Mielikki, deus dos Elfos e das Fragas |
O altar, obviamente roubado doutro lugar por Alkius, ten un líquido prateado na bandexa superior que reacciona ao contacto. Metendo varios obxectos parece que se volven de prata.
O altar ten un pé alto que ten forma de árbore e outros motivos silvestres |
Os espello están completamente negros. É dicir, non reflicten nada. Quizáis haxa que "activalos".
Ningún comentario:
Publicar un comentario