23 de nov. de 2019

Home-lagarto


Un home-lagarto, vestido con roupas de coiro marrón, foi visto, emboscado e morto perto das ruínas da Torre de Alkius el Rojo.
Levaba un amuleto estraño, cun símbolo de caveira con bágoas arredor.


Non se sabe moito máis.

Bosque Prohibido

O Bosque Prohibido parece ser a conexión entre a Ponte de Stonebridge e as Terras Descoñecidas. A entrada ao Bosque parece estar poboada eminentemente por árbores de folla caduca (carballos, teixos, sobreiras, castiñeiros). Nesta zona, a medida que a fraga é máis mesta, as Arañas fan os seus niños, recollendo en redes as follas e facendo escondrixos con elas para poder atacar aos despistados que pasen por debaixo das árbores.
A medida que avanzas, aparecen árbores de folla perenne (abetos, piñeiros, tuias), case todas coníferas. Nesta zona xa empezan a aparecer pequenos regatos de auga potable.


Dende o Bosque pódese acceder á Torre en ruínas de Alkius el Rojo.

Arañas do Bosque Prohibido

As Arañas do Bosque Prohibido son grandes, máis que un can pastor. As crías adoitan a convivir en grupos pequenos que se protexen e cazan colaborando. As adultas viven soas e a súa tela pode ser corrosiva. 
Traballando en equipo poden ser derrotadas con facilidade pero, moito coidado! son velenosas e sábese de aventureiros que morreron baixo o seu ataque.
Disque Norm o gnomo, da Tenda de Rarezas, paga 10 moedas de ouro por cada glándula de veleno. 

13 de nov. de 2019

Aventureiros do Gremio

Relación de nome e clase de aventureiro, así coma o nivel e experiencia total


🐲 Chano el Palaca, Paladín de Tyr 
Nivel 1, Experiencia 1750/2500
Número de Incursións nas Terras Descoñecidas 2
Chano


🐲 Fénix el Mago 
Nivel 3, Experiencia 5000/5000
Número de Incursións nas Terras Descoñecidas 9
Fénix

🐲 Jozan, Clérigo de Yelm 
Jozan
Nivel 2, Experiencia 1750/3500
Número de Incursións nas Terras Descoñecidas 2


🐲 Ulgrouc Cabezadura el Enano 
Nivel 1, Experiencia 1800/2000
Número de Incursións nas Terras Descoñecidas 4
Ulgrouc

🐲 Roxin el Explorador 
Nivel 3, Experiencia 5250/8000
Número de Incursións nas Terras Descoñecidas 9


Roxin
🐲 Talan el Elfo del Bosque 
Nivel 1, Experiencia 3250/4000
Número de Incursións nas Terras Descoñecidas 9
Talan

🐲 Treil el Guerrero 
Nivel 2, Experiencia 3150/4000
Número de Incursións nas Terras Descoñecidas 9
Treil

🐲 Xila la Guardabosques 
Nivel 3, Experiencia 5250/8000
Número de Incursións nas Terras Descoñecidas 9
Xila