23 de nov. de 2019

Bosque Prohibido

O Bosque Prohibido parece ser a conexión entre a Ponte de Stonebridge e as Terras Descoñecidas. A entrada ao Bosque parece estar poboada eminentemente por árbores de folla caduca (carballos, teixos, sobreiras, castiñeiros). Nesta zona, a medida que a fraga é máis mesta, as Arañas fan os seus niños, recollendo en redes as follas e facendo escondrixos con elas para poder atacar aos despistados que pasen por debaixo das árbores.
A medida que avanzas, aparecen árbores de folla perenne (abetos, piñeiros, tuias), case todas coníferas. Nesta zona xa empezan a aparecer pequenos regatos de auga potable.


Dende o Bosque pódese acceder á Torre en ruínas de Alkius el Rojo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario