22 de feb. de 2020

O Bosque Fey

Despois da Encrucillada no Bosque Prohibido, a case 2 días de camiño dende Stonebridge, hai un bosque estraño cheo de árbores prateados.


É o Bosque Fey, unha zona chea de árbores máxicos de cortiza de prata. O Bosque aguanta, pero hai algo que parece están facendo que parte da fraga apodreza. A medida que se achegaron ao punto máximo de podredume atoparon árbores con aguillóns cravados, sangrando pola paraza zume prateado, e unha cova oculta de grande tamaño.
Dentro da cova, case na entrada, hai un minúsculo templo circular cun cristal no centro.


Usando un cristal vermello de Alkius no cristal baixo o templo actívase un sistema de portais de viaxe. 

9 de feb. de 2020

O Rei Corvo

Nas Quebradas da Néboa, cando se meteron entre os canóns de pedra, o grupo tivo un encontro moi estraño.


Un gran corvo totalmente negro cunha coroa negra flotante sobre a súa cabeza díxolles que tiveran coidado de seguir polo camiño surleste. Era perigoso e un grande Mal habitaba nel. 
Díxolles que "o Liche" estaba alí, e só coa bendición de Mielikki poderían ter algunha posibilidade. Tamén lles dixo que foran na procura de algo chamado A Garra do Corvo, un artefacto que lles axudaría a derrotar ao "Liche". Polo que puideron entender, o tal "Liche" non era outro que un Alkius ("El Rey de Rojo") que estaba todavía feble, pero co poder en aumento.

A Garra do Corvo, polo visto, está nalgures perdida dentro do Cubil de Aunaêl a Escura. Todavía non coñecen tal lugar.

8 de feb. de 2020

Quebradas da Néboa

As Quebradas, en dirección sur-surleste dende a Encrucillada do Bosque Prohibido, son un lugar moi inquedante.

Picos de rocha saen do terreo e rematan formando pequenos e estreitos muros de pedra que forman camiños illados uns dos outros. É moi doado elexir o incorrecto.
Ao parecer, durante A Batalla Definitiva hai un século, este terreo foi o escenario dun enorme combate máxico que rompeu o terreo e levantou unha néboa permanente que se eleva a medida que se viaxa en dirección surleste. 
Pénsase que nesta dirección hai unha antiga localización, un templo en ruínas dun dos deus da Morte (Bhaal?). 

Polo de agora tan só atoparon un grupo de necrófagos ocultos na zona, así que aínda non se sabe que tipo de outras criaturas poboan o lugar,

Necrófagos

Os necrófagos son seres inmundos.
Adoitan vivir en zonas de cemiterio ou onde houbo moitos mortos (batallas, epidemias, asasinatos en masa).
Polo que se sabe son criaturas canallas, protexidas por algún tipo de maldade que fai que as armas normais non danen por completo o seu corpo gomoso e gris. Precísase de armas máxicas ou especialmente traballadas para que o necrófago sexa danado.
Non usan armas, pero as súas unllas están impregnadas dun veleno que pode provocar enfermidades.

Sábese que son especialmente sensibles ás armas prata e á maxia.