26 de dec. de 2019

Torre de Alkius el Rojo

A torre de Alkius está illada nun claro do bosque, en rumbo nor-noroeste dende a zona do Bosque Prohibido onte comezan os regatos e as árbores de folla perenne coma abetos e piñeiros.

O camiño, agora case irrecoñecible, que leva á Torre estaba decorado con 12 estatuas de homes xigantes encapuchados. Agora só unhas poucas seguen en pé. Son figuras altas, cheas de escritura rúnica que fala de tempos pasados e da Orde de Magos Rojos de Alkius.

A Torre ten forma de dous brazos xuntos que se elevan ao aire, coas dúas mans termando dunha esfera. A caveira que serve de base ten entradas nos ollos e no burato do nariz.

Sábese que ten un subterráneo que comunica cunha cripta. Nela estaba soterrada unha figura reseca dentro dun sartego antigo coas runas "Alkius" escritas na tapa. O paso dun grupo do Gremio fixo que a figura, un humano envolto en telas vermellas, espertara do seu sono e atacara ao grupo. A figura escapou baixo terra.

Ese mesmo grupo conseguíu desactivar unha sentinela mecánica (un autómata) que patrullaba a zona. Son moi resistentes, feitos dun metal moi duro e motorizados por unhas pedras de enerxía de cor vermellas.